domingo, 9 de enero de 2011

Primavera pra os primeiros días do ano


Durante a xornada do domingo, Galicia quedará baixo a influencia dunha feble cuña anticiclónica que nos aportará algo máis de estabilidade e ilusión polo inesperado.

Con esta situación, teremos que agardar ceos alternando nubes e claros, con algún chuvasco illado e ocasional no terzo norte e zonas de montaña, onde serán de neve por riba dos 1000 metros de altura; pola tarde os claros e a lucidez vespertina predominarán sobre as nubes e ofuscamientos propios na cadencia dos domingos.
As temperaturas descenderon de forma moderada, deixando xeadas febles nas áreas de montaña.
Os ventos zoarán frouxiños como una veleta anonadaá pola lenta digestión dos turróns da navidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario