viernes, 8 de octubre de 2010

Chórame o mar

Hoxe quedareí baixo a influencia dunha borrasca moi profunda no máis hondo das entrañas, xusto no Atlántico norte do meu peito.
Unha fronte fría asociada cun azote de ventos de máis de 100 kilómetros por hora fará que chore e que chore e que chore coma nunca chorei.
Ata que o meu choro empape todas e cada unha das capas que me separan da conciencia más profunda do ser, xusto no núcleo da nosa alma tectónica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario